viernes, 22 de febrero de 2013

23-F.Marea Cidadá.Non debemos.Non pagamos.(Pontevedra)

                                           
                                              (sábado.17:30.Praza de España)

 Marea Ciudadá contra os recortes e por unha verdadeira democracia
-----------------------------------------------------------------------------------------------

Manifesto
------------------

... Como hai trinta anos, estamos vivindo unha situación de golpe de estado, por máis que desta volta sexa un golpe financeiro e o estean a protagonizar políticos e altos executivos que, en nome dunha suposta austeridade, están a degradar as condicións de vida da poboación á que deberían servir. Co único afán de favorecer intereses privados e o seu lucro persoal, recortan –cando non eliminan- os servizos públicos, uns servizos públicos que son consubstanciais a un estado democrático no que a igualdade de dereitos debe prevalecer por riba de todo. Dereitos que non só deben ser recoñecidos, senón tamén garantidos.

Educación e saúde son só dous claros exemplos desta situación que vimos de caracterizar; queren impormos unha educación elitista, selectiva, que mesmo segrega por razóns de xénero (a Xunta destina este ano 118 millóns de € a eses concertos educativos) e lingüicida, na que o galego, como língua propia de Galicia, fique destinada a un ritual institucional;e poñen a saúde en mans de empresas privadas como acontece en Pontevedra coa construción do novo hospital, mentres recortan os cartos en servizos sociais ou desmantelan a lei de dependencia; por non falar das pensións. Priorizan o lucro sobre o dereito á educación e sobre a vida das persoas. E esta situación repítese na xustiza, no transporte ou na vivenda.

E dáse tamén unha evidente situación de corrupción medioambiental, culminada no novo proxecto de Lei de Costas que vai supor na práctica a privatización do litoral e que, entre outras cousas, contempla a prórroga das concesións en terreos de dominio público por 75 anos máis, unha prórroga que afecta á pasteira ENCE e que impediría a recuperación da Ría, da calidade de vida e da economía da comarca, que só pode vir da man da explotación racional dos recursos naturais e do turismo, un modelo económico sustentábel incompatíbel coa presenza de ENCE-ELNOSA en Lourizán e que vén sendo esixencia dunha ampla maioría social. Non podemos esquecer que existen moitos outros casos de inxustizas ambientais, como o pretendido parque eólico do Morrazo, ou o imcumplimento de sentenzas firmes como a dos recheos do Porto de Marín ou a dos pasos a nivel da praza de Praceres.

Estamos en mans de gobernos corruptos que actúan en conivencia cos poderes económicos e que, coa escusa de reforzar a “competitividade da economía española” e reducir o paro, aumentan o grao de explotación e de precariedade da clase traballadora. Ningunha das reformas laborais levadas a cabo por PSOE ou PP foi quen de impedir a destrución do emprego, e mais semellan estar creadas para destruilo; o paro é un problema estructural da economía española, que cando as cousas van ben só crea emprego-lixo e que eleva a taxa de paro cando as cousas van mal. Nesta situación hai quen que, como as mulleres, sufre a crise dunha forma máis aguda. Resulta fundamental, frente a unha situación de expolio global, unha reacción de solidariedade, contestación e loita global.



Non aceptamos pagar unha crise que non causamos mentres se legaliza unha escandalosa amnistía fiscal para as grandes fortunas e o diñeiro de dubidosa procedencia (narcotráfico, trata de mulleres, armas...) nin pagar unha débeda ilexítima e inxusta que serve para rescatar á banca e non para mellorar a situación da maioría da poboación; unha débeda que debera ser previamente auditada por todas e todos nós como un exercicio cívico de resistencia e de emancipación do pobo que está a sufrir a inxustiza, o saqueo e a rapiña do sistema capitalista.


Non aceptamos que o goberno do estado e a Xunta de Galicia fagan demagoxia aproveitando o descontento coa clase política para reducir aínda máis a calidade democrática, eliminando representantes, capacidade de decisión local e silenciando minorías; nin unha lei electoral inxusta que favorece e beneficia o bipartidismo e aos
grandes partidos, e que torna ilexítimas as accións dun goberno que, ademáis, non
pode ter un cheque en branco durante catro anos para gobernar de costas ao pobo
baixo a dictadura de maiorías aritméticas.


Esiximos maior capacidade de decisión, participación e control popular; a dimisión do
goberno e a posta en marcha dun proceso constituínte radicalmente democrático,
previo exercicio do dereito a decidir dos pobos, que conclúa cunha nova Constitución
baseada na democracia real, que antepoña os dereitos colectivos ao interese privado
e que garanta de forma efectiva unha vida digna para todas as persoas.


Non ao golpe de estado financieiro, non debemos, non pagamos.
Pola xusticia social e ambiental.
Pola trasparencia e democracia participativa.
En defensa duns servicios públicos e universáis.
Por unha auditoría cidadá da débeda, contra a débeda ilexítima.
Polo noso futuro, polas nosas vidas.... defendamos os servizos
públicos!
A PRIVATIZACIÓN, TAMÉN É CORRUPCIÓN










Asinan:
Fronte Cívico Somos Maioría Pontevedra, APDR, Asociación Amarante-Setem, Plataforma polo Aforro Público, Colectivo Encontro-Benestar Social, Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns de Marín, Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda, Esquerda Unida Pontevedra, Xuventudes Comunistas de Pontevedra, Asociación de Veciños Castelao, Cas Galicia, Masa Crítica Pontevedra, Amigos e Amigas da Cultura, Nós-Unidade Popular, Associaçón cultural Revira, Anova Pontevedra e 15-M Pontevedra.


2 comentarios:

  1. Tal vez algùn dìa latinoamerica unida contra la corrupciòn y los malos gobiernos sigan el ejemplo que uds, heroes anònimos españoles y europeos nos estàn dando. Estàn haciendo historia , la estàn luchando a brazo partido... estàn re-estructurando el futuro para la humanidad. Gracias. Adelante !. Apertas agarimosas Josè. Maravilloso artìculo. Me emocionò. Darìa mucho por ser parte del proceso. Tal vez en otra vida. Tal vez en otros tiempos.

    ResponderEliminar
  2. Gracias por difundir Pepe, allí nos veremos compañero!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...